Saturday 04 de May de 2024

A excursión dos maiores do Concello de Brión terá como destino Palma de Mallorca, do 5 ao 10 de abril


As inscricións poden formalizarse ata o 17 de marzo no Centro Social Polivalente ou no 981 509 910

O Concello de Brión convoca a tradicional Excursión dos Maiores, que este ano terá como destino Palma de Mallorca, entre o 5 e o 10 de abril. Unha viaxe dirixida a maiores de 50 anos e os seus cónxuxes e/ou parellas, que teñen ata o vindeiro 17 de marzo para anotarse no centro social polivalente de Pedrouzos ou no teléfono 981 509 910.

O prezo da viaxe é de 545 euros por persoa, que inclúe a viaxe en avión ata Palma de Mallorca, aloxamento e pensión completa en hotel de 4 estrelas, con cóctel de benvida e actividades de animación diarias incluídas. Así mesmo, están programadas unha serie de visitas guiadas a Palma (catedral, casco antigo, bahía de Palma, paseo marítimo), Porto Cristo, covas de Hams, exposición de perlas Majórica, Inca, Alcudia, Mirador de Colomer, Valldemosa, Real Cartuja… e unha ruta en barco de Formentor a Pollença.